Galicia xa ten rivais para o Mini 2021

A Federación Española de Baloncesto vén de publicar o calendario do Campionato de España Minibasket 2021, que se disputará na localidade gaditana de San Fernando do 25 ao 29 de xuño.
Tras a suspensión da edición de 2020, o Mini regresa no 2021 nunha sede clásica como é San Fernando e con 17 Federacións Autonómicas loitando polo título de Campión de España.

O Campionato contará con catro pavillóns: Bahía Sur, o Colexio Compañía de María e dúas pistas do Pabellón Parque. Os anfitrións, as seleccións masculina e femenina de Andalucía, defenden os títulos conquistados na edición de 2019. De cara a este ano, os grupos de xogo quedan xa configurados con Galica competindo no GRUPO ESPECIAL, tanto en masculino como en feminino.

ESPECIAL MASCULINO A: Andalucía, I. Baleares, Galicia, Madrid e C. Valenciana.
ESPECIAL MASCULINO B: Aragón, P. Asturias, Canarias, Cataluña e Castilla y León.
PREFERENTE MASCULINO C: Navarra, R. Murcia, C. Mancha.
PREFERENTE MASCULINO D: Ceuta, Cantabria, Extremadura e Melilla.

ESPECIAL FEMININO A: Andalucía, P. Asturias, C. León, Canarias e Comunidade Valenciana.
ESPECIAL FEMININO B: I. Aragón, I. Baleares, Cataluña, Galicia e Madrid.
PREFERENTE FEMININO C: C. Mancha, Cantabria e Extremadura.
PREFERENTE FEMININO D: Ceuta, Melilla, R. Murcia e Navarra.

Calendario Completo – Mini 2021

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram