Galicia ultima detalles ante o seu debut no Campionato de España

Os xogadores e as xogadoras que representan a Galicia na XXV edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket realizaron na tarde deste venres os seus últimos adestramentos antes de debutar mañá nas pistas da localidade andaluza de San Fernando.

Tanto as xogadoras de Julia Pena como os minis que dirixe Paula Couto aproveitaron esta derradeira oportunidade de traballo para soltar os posibles nervios propios dunha cita destas características. Así mesmo, permaneceron ben atentos as instruccións de ambas as seleccionadoras, aquelas directrices que serán de importancia vital para afrontar os seus primeiros encontros de maña sábado. Partidos estos que veñen programados deste xeito:

Selección Galega Minibasket Masculina – Categoría Preferente Grupo D

1º Xornada
La Rioja – Galicia (31/03/12 – 13:30 horas – Pavillón Bahía Sur)

Selección Galega Minibasket Feminina – Categoría Especial Grupo A

1º Xornada
Galicia – Cataluña (31/03/12 – 15:30 horas – Pavillón Parque 2)

Dende aquí, e a escasas horas, do seu debut, desexar a mellor das sortes a toda a expedición galega. De seguro que a presenza de numerosos afeccionados propios nas gradas gaditanas axudará a iniciarse no campionato do mellor dos xeitos posibles.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram