Galicia toma corpo nas Preseleccións FEB U16

O Gabinete Técnico da FEB vén de facer pública unha nova convocatoria para as súas Preseleccións U16, equipos que se preparan coa mente posta no Europeo de 2013 e nos que, recompensando o seu bo traballo, figuran dous nomes galegos.

Neste caso, a representación autonómica virá da man da escolta do R.C. Celta, María Pérez Araujo; e do actual xogador da disciplina do Real Madrid, Jonathan Barreiro.

Os dous participarán da dinámica dunhas convocatorias cuxas datas (entre o 4 e 9 de decembro), plan e localización concretas estipúlanse nos documentos que se achegan.

Novos talentos: tamén en galego
E acompañando a estas seleccións U16, co obxectivo de ampliar o número de xogadoras e xogadores a seguir nesta xeración, o gabinete técnico da FEB convoca á súa vez a un grupo de novos valores, baixo a denominación “Operación Talento”.

Ambos os combinados destas características, tanto masculinos como femininos, compartirán sede de concentración coas Seleccións U16 nesta cita de decembro, e con eles, de novo, cóntase con ADN galego.

O pívot ourensán, Alejandro Mazaira, actualmente no FC Barcelona; e as galegas de Siglo XXI, Paloma Dorda e Paula Ginzo, formarán parte destes combinados.

U16 Feminina FEB
U16 Masculina FEB

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram