Galicia, de novo presente nas designacións oficiais FEB para os Campionatos de España de clubs. A categoría infantil visitará a nosa Comunidade nesta temporada 2016 – 2017, e farao por partida dobre, con escenarios aínda por confirmar, tras a exitosa celebración o pasado ano destas citas nas localidades de Lugo e Sarria (masculino) e Porriño e Tui (feminino).
A aposta da FEB por Galicia como organizadora dos nacionais de clubs desta categoría esténdese tamén ás temporadas 2017-2018 e 2018-2019.
(info: FEB) Lleida, Aljaraque, Punta Umbría e Galicia, designadas sedes dos Campionatos de España de Clubs 2016-17 en categorías Cadete Masculino, Cadete Feminino e Infantil, respectivamente
Analizados e revisados os expedientes de solicitude das candidaturas presentadas, das que se emitiron os correspondentes informes de avaliación realizados polos representantes da Federación Española de Baloncesto, a entidade designa as seguintes sedes para a organización dos Campionatos de España de Clubs 2016-17:
Infantil Masculino e Feminino: Federación Galega de Baloncesto, sedes por determinar. Así mesmo, os Campionatos Infantís de Clubs das tempadas 2017-18 e 2018-19 tamén serán organizados pola FGB.
Cadete Masculino: Concello de Lleida coa colaboración da Federació Catalá (mediante a Federación Territorial de Lleida), Força Lleida Club Esportiu, e resto de clubs da cidade de Lleida. Este campionato tamén será organizado na tempada 2017-18 pola representación territorial da Federación de Lleida, estando a sede pendente de determinar dentro da súa xurisdición.
Cadete Feminino: Federación Andaluza de Baloncesto. Sedes: Aljaraque e Punta Umbría.
Estas designacións perfeccionaranse coa rúbrica dos convenios de colaboración remitidos desde a Secretaría Xeral da FEB, non sendo firmes ata que se cumprimente este trámite.
Doutra banda, reabrirase o proceso para a presentación de solicitude de organización dos Campionatos de España de Clubs de categoría Júnior.