Galicia, preparada para as Competicións FEB 2023 – 2024

15 clubs galegos confirmados paras as competicións FEB 2023 – 2024. A Federación Española de Baloncesto confirmou este martes, 18 de xullo; a composición oficial das súas Ligas nas que o noso Baloncesto Galego conta con presenza en todas as categorías, exceptuando a LEB Prata e a Liga Feminina Challenge.

A representación do Baloncesto galego nesta 2023 – 2024 deixa patente o gran traballo realizado nas diferentes categorías na temporada pasada, destacando a triple presenza actual na Liga Feminina Endesa, e propón un novo ciclo deportivo do máis ilusionante: 

Liga Feminina Endesa

Durán Maquinaria Ensino
Baxi Ferrol
Celta Zorka Recalvi

LEB Oro

Leyma Coruña
Club Ourense Baloncesto

Liga Feminina 2

Maristas Coruña
CB Arxil
Mariscos Antón Cortegada

Liga EBA – Conferencia A

UCOGA Seguros C.B. Chantada
Mundioma Marín ENCE Peixegalego 
OBradoiro Ames
Calvo Basket Xiria
Solgaleo Bosco Salesianos
TRAUMACOR Culleredo
Estudiantes Lugo Río de Galicia

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram