Galicia Infantil regresa de Madrid cos deberes feitos

As nosas Preseleccións infantís regresan esta mesma tarde de luns, 16 de febreiro; da súa participación no Torneo de Seleccións organizado esta fin de semana pola Federación Madrileña na localidade de Colmenar Viejo.

Na cita, na que o anfitrión, Madrid; resultaron vencedores en ambas as categorías, a expedición Galega aproveitou a súa presenza para afondar criterios do seu xogo e medir as súas posibilidades deportivas a algo máis dun mes de afrontar o Campionato de España.

A continuación, valorando nunhas liñas o seu traballo en cada encontro dos disputados, poden consultarse os resultados colleitados por ambas as nosas Preseleccións, dirixidas, lembremos, por Ricardo Aldrey en masculino e Nacho Silva en Feminino.

CATEGORÍA MASCULINA

Captura de pantalla completa 16022015 183203

Castilla León – Galicia (48 – 60)

Desde o principio de encontro Galicia impuxo un maior ritmo de xogo para contrarrestar a desvantaxe en centímetros. Aos poucos, os pupilos de Ricardo Aldrey aumentaban a diferencia chegando a dominar por ata 20 puntos no terceiro cuarto. No último cuarto os casteláns achegáronse a 7 puntos grazas ao seu dominio de rebote, pero os nosos non se deixaron sorprender e pecharon o seu primeiro partido do torneo con vitoria.

Galicia – País Vasco (45 – 72)

Comezaban moi fortes os vascos, rompendo pronto a igualdade grazas a un gran acerto exterior no primeiro cuarto (5/7 en triplas). Os galegos trataban de achegarse no marcador pero non lograron reducir diferenzas ante un bo traballo defensivo vasco que impedía xerar vantaxes claras. Ao final vitoria xusta para os representantes de Euskadi.

Galicia – Madrid (34 – 84)

O derradeiro partido do torneo arrincaba ben para os Galicia, quen facía gala dunha boa defensa e dunha meritoria circulación de balón. Súas eran as primeiras vantaxes. Con todo, os madrileños endureceron o xogo a un nivel físico ao que os nosos representantes non puideron chegar. Nesta liña, Madrid amosábase moi superiores durante o resto do encontro ata selar a súa vitoria (34 – 48) coa que tamén se facía co título final do Torneo.

CATEGORÍA FEMININA

Captura de pantalla completa 16022015 183135

Castilla León – Galicia (39 – 52)

Galicia saíu á pista enchufada, realizando un moi bo traballo en defensa que, ademais de poñerlle as cousas moi difícil ás castelás para anotar, dáballes vantaxe tamén en ataque e facía que estivesen moi cómodas co balón.

O partido seguiu na mesma dinámica ata preto do descanso, cando un baixón no nivel de intensidade e concentración permitía que Castilla León entrase no encontro.

Tras o descanso, as rivais tornáronse máis agresiva en defensa, recortando distancias e provocando que Galicia pagase os seus momentos de precipitación.

Nesta tesitura, chegábase ao final con Castilla Léon pelexando por meterse de cheo no partido, pero a seriedade e concentración neses intres permitiu ás galegas controlar a vantaxe ata o final.

Galicia – País Vasco (43 – 57)

Como no seu primeiro encontro deste Torneo, Galicia afrontou a cita ante Euskadi moi concentrada e con alta intensidade, actitude que tivo como resultado un parcial de 8-0 ao seu favor para iniciar o encontro. A partir deste intre, Euskadi subiu o seu nivel de agresividade e o encontro cambiou.

Con problemas para controlar o rebote defensivo e para anotar, as galegas non foron capaces de inverter de novo esta dinámica e aos poucos esta dinámica tiña o seu reflexo no marcador

Galicia – Madrid (42 – 64)

AS anfitrioas saíron á súa pista enchufadas e pelexando cada balón coma se fose o derradeiro. Tras unha dura primeira parte, Madrid marchaba con vantaxe ao descanso logo de aproveitar os altibaixos das nosas infantís. A saída tras o descanso foi máis próspera, cun nivel de agresividade máis alto e competindo de forma máis constante. Un parcial en contra no último minuto do terceiro cuarto fixo que o resultado non reflectise ao completo esta mellora no xogo.

Pese a todo, as galegas seguiron pelexando e aproveitando o encontro para continuar pulindo matices de cara ao campionato.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram