– O Concello de Allariz e a Federación Galega de Baloncesto suman esforzos por cuarto ano consecutivo para dar soporte competitivo ás Seleccións Galegas.- O Torneo celebrarase entre a tarde do sábado 10 e a mañá do domingo 11, contando ademais coa presenza dos equipos infantís do C.B. Allariz.
A vila ourensá de Allariz acollerá esta fin de semana o I Torneo de Seleccións Minibasket, escenario perfecto de rodaxe para as seleccións de minibasket galegas e as asturianas, convidadas estas últimas á cita pola FGB e o propio Concello alaricano.
Xunto aos catro combinados autonómicos estarán os equipos infantís, masculino e feminino,do C.B. Allariz.FGB e Concello, coa colaboración de “la Caixa, abrirán as portas do Pavillón Municipal de Allariz para que todos os afeccionados coñezan o xogo destes seis equipos baixo o seguinte calendario:
Sábado, 10 de marzo de 2012
16.00 h Allariz (infantil feminino) – Selección Principado de Asturias (feminina)
17.15 h Selección Galega ( minibasket masculina) – Allariz (infantil masculina)
18.30 h Selección Galega ( minibasket feminina) – Allariz ( infantil feminina)
Domingo, 11 de marzo de 2012
09.30 h Allariz (infantil masculina) – Selección Principado de Asturias (masculina)
11.00 h Selección Galega ( feminina) – Selección Principado de Asturias (feminina)
12.30 h Selección Galega ( masculina) – Selección Principado de Asturias (masculina)
O total dos seis encontros contará coa presenza de diferentes colexiados do CGAB que se concentrarán durante a fin de semana para traballar nunha nova xornada técnica de formación.
Baixo a supervisión técnica do Coordinador da Área Arbitral da FGB, Fran Guillamet; así como de Estévez Caamiña, informador arbitral; serán seis os colexiados que compartan Torneo coas seleccións. Destacar entre eles a presenza de Saray Fornos, colexiada galega que estará tamén no Campionato de España e que terá así a oportunidade de dirixir partidos mini como perfecta preparación para a cita estatal.
Permaneceremos atentos ás evolucións dos nosos combinados durante este I Torneo. A súa actuación será espello do seu estado anímico e físico a un mes de afrontar o Campionato de España.
Selección Galega Minibasket Feminina
Selección Galega Minibasket Masculina
Selección Principado de Asturias Minibasket Masculina
Selección Principado de Asturias Minibasket Feminina