Galicia despide este sábado o #KDTINF2017 e pon rumbo a Galicia con boas sensacións deportivas e persoais. A bagaxe de resultados abrangue, en infantil, un 5º posto en feminino e a sexta praza en masculino; e no apartado cadete, a sétima praza do grupo especial feminino e a quinta cadete masculina preferente.
Web Oficial Campionato de España
#seleccionsgalegas #KDTINF2017 #SomosFuturoFEB
A expedición galega regresa a Galicia entusiasmada polo apoio recibido polos familiares e afección desprazada ata Huelva e polo trato dado por parte de toda a organización do Campionato.
Amosando, unha vez máis, o importante do seu espírito de EQUIPO, xogadores, xogadores e corpos técnicos realizaron o seu traballo coa máxima ilusión por representar ao Baloncesto Galego.
Por isto, e polo seu impecable comportamento e deportividade, dende a FGB damos as gracias a todos, facendo extensiva esta sensación aos nosos catro representantes no apartado arbitral: Jaime Álvarez, Martín Trasancos, Elio Clavería e Alejandro Pérez.
Clasificación Final – Galicia #KDTINF2017
Galicia Infantil Feminina – 5º Clasificada Grupo Especial
Galicia Infantil Masculina – 6º Clasificada Grupo Especial
Galicia Cadete Masculina – 5º Clasificada Grupo Preferente
Galicia Cadete Feminina, 7º clasificada Grupo Especial