Galicia despide satisfeita o seu #Mini2015

Galicia botou este martes, 1 de abril, o peche ao súa participación na edición 2015 do Campionato de España de Minibasket deixando un grato de sabor de boca ante a afección e os rivais, mesmo a pesar de asinar o seu último partido cunha derrota en categoría masculina.

Con todo o equipo en feminino en pleno na grada apoiando aos seus compañeiros, Galicia Masculina desputaba esta mañá de martes a Final do Grupo Preferente ante Murcia, un equipo ao que xa coñecía tras enfrontarse ambos nun igualado encontro na fase de grupos.

Nesta cita definitiva, e co ascenso a Especial xa no seu peto, o combinado galego nunca chegou a coller o ritmo ao que xa nos tiña afeitos no global do Campionato. Os xogadores de Alberto Pérez, a pesar de manter o seu habitual espíritu combativo, nunca foron quen de enfrontarse ao mellor xogo murciano, merecedor da vitoria final de partido (56 – 76) (9-17, 11-15, 10-8, 8-15, 5-7, 23-14) e do liderato na categoría. 

A todos: nenos e nenas, cadros técnicos e colexiados CGAB que rematan aquí a súa participación no #Mini2015, GRACIAS polo esforzo, o compromiso co noso baloncesto e pola boa imaxe que de Galicia e do noso Deporte se rexistrou en San Fernando. Facer este recoñecemento estensivo aos clubs de cada xogador e xogadora, así como a todas as familias e a afección.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram