Galicia di adeus ao #INF2015Basket

A Expedición Galega neste Campionato de España de Seleccións Infantil 2015 pechou este sábado, 4 de abril, a súa experiencia zaragozana. Fíxoo cunha emocionante tarde de cruces, no apartado feminino na busca de salvar a categoría especial e no masculino, con opcións ao ascenso. 

En ambos casos a balanza deportiva decantouse pola derrota, pero non sen antes deixar sobre a pista todo o esforzo e paixón por este deporte que os nosos e as nosas infantís atesouran. Galicia competiu e amosou a súa deportitivade. Por isto, GRACIAS a todos!

Selección Galega Infantil Feminina

Cruce pola Permanencia: (19:30 h) Madrid – Galicia (71 – 48) (Estatística)

Galicia non puido solventar de xeito positivo o seu cruce ante Madrid pola permanencia. O equipo de Nacho Silva despediuse deste Campionato Infantil cunha derrota ante as Madrileñas que supón a perda da categoría especial. Pero o combiando galego, sempre competitivo, marcha de Zaragoza coa satisfacción do esforzó máximo realizado.

Nun último partido onde o cansanzo en ambos os bandos xa era evidente, Galicia tivo diaante a un rival intenso que dominou dende o minuto cero. No tempo de descanso, e tras un primeiro parcial fulgurante, Madrid doblaba xa a diferencia no elctrónico (36 – 18), situación de superioridade que se estendeu ata o cese do encontro.

Ao remate, e a pesares da derrota, Galicia soubo estar á altura e, tras felicitar ao rival, protagonizou xunto a el un dos grandes momentos do Campionato. Unha foto colectiva para o recordo.

Selección Galega Infantil Masculina

Cruce polo ascenso: (17:30 h) Galicia – Extremadura (56 – 73) (Estatística)

O equipo que dirixe Ricardo Aldrey comezaba a súa última tarde de xogo en Zaragoza con opcións ao sempre dulce premio do ascenso. As aspiracións galegas tiñan en fronte ao un opoñente potente, unha Extremadura que fixo valer o seu xogo para facerse coa vitoria.

Galicia comezou mal, a remolque das intencións rivais e costándolle situarse en pista. Este inicio negativo, sumado a problemas no rebote otorgou unha vantaxe no marcador que Extremadura sabería xestionar, con habilidade, ata o final. A renovación do encontro deixounos a mellor imaxe de Galicia, máis concentrada e confiando nas súas poibilidades, pero éstas fixéronse insalvables co paso dos minutos. 

No cómputo global, os pupilos de Ricardo Aldrey pechan a súa participación satisfeitos coa experiencia de competir ao máximo, de ti a ti e sen perder a cara, por unha praza de ascenso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram