
A menos dunha semana para que a expedición galega minibasket poña rumbo a San Fernando (Cádiz) para ser partícipe do Campionato de España de Seleccións, os nosos dous equipos acometen este domingo, 6 de abril; o seu último adestramento en terras galegas.
Derradeira Convocatoria
Citados en A Estrada (Pavillón Municipal Coto Ferreiro), os grupos mini dirixidos por Nacho Silva e Fernando Buendía afinarán todos aqueles necesarios detalles dunha preparación que rematará xa en terras andaluzas o vindeiro 12 de abril cando o balón se lance ao aire de xeito oficial.
Presenza infantil masculina
A localidade pontevedresa da Estrada contará tamén este domingo co traballo da Selección Infantil Masculina. Os xogadores de Miguel Ángel Hoyo están chamados a participar da que aínda será a súa penúltima concentración antes do Campionato de España (Zaragoza, do 16 10 19 de abril). Para eles o peche definitivo ten que esperar.
Control médico da man de CLÍNICAS GAIAS
O plano estritamente deportivo non é o único que suscita a atención das catro seleccións nestas datas. Outro dos requisitos indispensables para os nosos antes de afrontar os seus respectivos retos Nacionais está sendo o seu paso polos imprescindibles recoñecementos médicos.
O total dos xogadores e xogadoras que nos representarán en San Fernando e Zaragoza son obxectivo estes días de chequeos individuais que a Área de Saúde da FGB promove a través dos distintos policlínicos médicos pertencentes ou adscritos a CLÍNICAS GAIAS e ubicados en Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo (DINAN), Pontevedra (EBAM), Vigo (CAD Vigo) e Ourense (SEMECOR).
Grazas á esta colaboración con CLÍNICAS GAIAS as nosas catro Seleccións acuden a competir coa garante do seu benestar, primando a saúde ao deporte e minimizando así os riscos co fin de detectar patoloxías cardiovasculares ou doutra índole que poidan manifestarse tras a práctica dun exercicio intenso.
Galicia Infantil Masculina – Campionato de España 2014
Galicia Minibasket Feminina – Campionato de España 2014
Galicia Minibasket Masculina – Campionato de España 2014