Certificadas as listas definitivas de xogadores e xogadoras que representarán a Galicia nos Campionatos de España de Seleccións. A coincidencia no vindeiro mes de abril (do día 9 ao 13) dos nacionais de Seleccións en categorías minibasket, infantil e cadete, reunirá en terras andaluzas as nosas seis seleccións para desfrutar e competir ao máximo nivel.
Para este propósito, e chegados hasta aquí tras meses de moito traballo, a Área Deportiva FGB comunica as listas oficiais das diferentes seleccións, agradecendo o compromiso dos clubs e de todos os xogadores e xogadoras que teñen formado parte desta dinámica na presente temporada, e remarcando o traballo do cadro de adestradores que están a guiar este proceso.
Calendarios
O Campionato Minibasket, coñecido xa por todos como “Planeta Mini” é, polo momento, a única das indicadas citas nacionais que coñece o seus grupos de xogo e calendario. Nesta categoría, Galicia competirá encadrada no Grupos B Feminino e no Grupo A Masculino, tendo como rivais a:
Minibasket Feminino
Grupo B: Aragón, Madrid, Cataluña, I. Baleares y Galicia.
Minibasket Masculino
Grupo A: Andalucía, I. Baleares, Madrid, Galicia y C. Valenciana
O calendario ao completo como pode consultarse a continuación.
Seleccións Galegas Infantil e Cadete – 2022
Seleccións Galegas Minibasket – 2022
Planeta Mini 2022 – Calendario