– Será a gran cita do inicio da primavera. A localidade gaditana de San Fernando acollerá o Campionato de España de Seleccións Minibasket 2014 do 12 ao 16 de abril.
– As 38 seleccións, entre as que se atopa Galicia, teñen xa a composición de grupos e o calendario. As nosas xogadoras competirán en categoría Especial. Os rapaces, pola súa banda, farán o propio no grupo preferente.
(info:FEB) A Semana Santa, San Fernando (Cádiz) e Minibasket son tres conceptos que están moi unidos desde fai varios anos. A localidade gaditana acollerá por noveno ano consecutivo o Campionato de España Minibasket de Seleccións Autonómicas, do 12 ao 16 de abril, en plenas vacacións escolares de Semana Santa.
19 Federacións Autonómicas, 38 equipos, case 500 xogadores, un desprazamento estimado de máis de 2.500 visitantes, o que repercute na hostelería e a economía dunha localidade ligada ao baloncesto. O Pabellón Bahía Sur vivirá as finais do mércores 16, mentres que o campionato disputarase tamén no Pabellón O Parque e o Colexio Cía de María.
Andalucía, en categoría masculina; e Cataluña, en feminina, defenderán o trono conquistado no 2013, unha edición que se converteu nun éxito deportivo e organizativo.
Rivais para Galicia
As Seleccións Galegas terán que facer fronte aos seguintes combinados autonómicos, remarcando a presenza da nosa Selección Feminina na categoría Especial A, así como da Masculina no Grupo Preferente C.
CATEGORÍA MASCULINA
ESPECIAL
Grupo A: Andalucía, Canarias, C. Valenciana, Cantabria e País Vasco.
Grupo B: Madrid, Cataluña, Baleares, Castilla La Mancha e Extremadura.
PREFERENTE
Grupo C: Aragón, Murcia, Galicia, Melilla e Ceuta.
Grupo D: Castilla y León, Navarra, La Rioja e Asturias.
CATEGORÍA FEMENINA
ESPECIAL
Grupo A: Cataluña, Aragón, Canarias, Galicia e Navarra.
Grupo B: Andalucía, Madrid, Baleares, Castilla y León e La Rioja.
PREFERENTE
Grupo C: C. Valenciana, Cantabria, Ceuta, Melilla e P. Asturias.
Grupo D: País Vasco, Extremadura, Murcia e Castilla La Mancha.