“Galicia 2014. Imos pola Copa”: a súa presentación, en vídeo

A Federación Galega de Baloncesto segue a dar a coñecer o seu programa “Galicia 2014. Imos pola Copa”, cuxo catálogo de actividades, a celebrar en Galicia neste ano co obxectivo de promocionar a Copa do Mundo 2014, presentouse oficialmente o pasado xoves, 20 de febreiro.

Neste acto, no que a FGB estivo arroupada por numerosas personalidades de relevancia no noso Baloncesto, así como por representantes de diferentes institucións; tivemos a honra de contar coas verbas e apoio do Presidente FEB, José Luis Sáez; así como do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete.  Así mesmo, tamén estiveron con nós Fernando Romay e Jorge Garbajosa, ledos por poder visitar Galicia grazas a unha iniciativa como ESTA.

Todos eles acompañando ao Presidente FGB, Francisco Martín; deixáronnos as súas palabras de eloxio a “GALICIA 20014. Imos pola Copa” e ao Baloncesto Galego actual. Das mesmas, quixemos extraer os mellores momentos para que todos os afeccionados poidan coñecer máis polo miúdo como nace e latexa o espírito deste proxecto.

Na seguinte ligazón permanecen xa a disposición de todos os interesados os diferentes documentos audiovisuais que retratan esta presentación tan especial 

“GALICIA 2014. Imos pola Copa”: catálogo de actividades

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram