Representación galega no “IV Torneo Internacional Aveiro x Porto”

Fin de semana de protagonismo para o baloncesto galego de formación fóra das nosas fronteiras. A localidade portuguesa de Anadia acolle este venres e sábado, 27 e 28 de decembro; a IV edición do Torneo Internacional Aveiro x Porto – Sub 16, evento que organizan en conxunto a Associaçao de Basquetbol de Aveiro e a Associaçao de Basquetbol de Porto.

Unha dobre representación FGB, formada por dous combinados autonómicos da xeración 2005, tomará parte nesta cita competitiva, na que tamén comparecerán os propios equipos anfitrións de Aveiro e Oporto, un combinado masculino de Castilla León, e o equipo feminino Sub 19 do Clube dos Galitos de Aveiro.

O calendario do Torneo comprende os seguintes enfrentamentos:

Torneio Internacional Sub 16 PORTO x AVEIRO

Sub 16 Masculina
27/12/2019
(11:00 h) CASTILLA LEON – PORTO
(15:00 h) AVEIRO – GALICIA
(17:30 h)  PORTO – GALICIA
(19:30 h) AVEIRO – CASTILLA Y LEON

28/12/2019
(09:30 h) AVEIRO – PORTO
(11:30 h) CASTILLA LEON – GALICIA

Sub 16 Femininos
 27/12/2019
(11:00 h) PORTO – AVEIRO
(15:00 h) GALITOS – GALICIA
(17:30 h) AVEIRO – GALITOS
(19:30 h) PORTO – GALICIA

28/12/2019
(09:30 h) PORTO – GALITOS
(11:30 h) AVEIRO – GALICIA

Galicia 2005 Feminina – IV Torneo Internacional Aveiro x Porto – Sub 16
Galicia 2005 Masculina – IV Torneo Internacional Aveiro x Porto – Sub 16

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram