Francisco Martín Micó continuará como Presidente da Federación Galega de Baloncesto. A entidade federativa celebrou esta tarde en Compostela a súa Asemblea Extraordinaria na que se materializaron as Eleccións á Presidencia coa súa candidatura como a única definitiva presentada.
Francisco Martín revalida o seu cargo por terceira vez consecutiva, sumando así oito anos xa cumpridos a fronte do Baloncesto Galego e cun mandato de catro por diante, o cal realizará acompañado dunha renovada Comisión Delegada elixida tamén esta mesma tarde coa participación dun total de 41 asembleistas dos 72 convocados.
Neste caso, a votación para cada estamento completouse con seguintes membros:
Adestradores: Javier Cotelo Rama.
Árbitros: Daniel López Illán.
Clubs: Obradoiro CAB, CB Breogán e CB Fundación Acea da Ma.
Xogadores: Jose A. Vázquez Vázquez.
Este organismo da Comisión Delegada sumará ademáis tres novos membros, neste caso elixidos directamente polo novo Presidente e cuxas identidades, que serán definitivas cando este tome posesión; corresponden a Basquet Coruña e CB Arxil, polo apartado de Clubs; e a Jorge López Mosquera polo estamento de Adestradores.