A Asemblea Extraordinaria da Federación Galega de Baloncesto, celebrada esta tarde en Santiago de Compostela, depositou de novo a confianza en Francisco Martín Micó como o Presidente desta entidade Federativa para os vindeiros catro anos.
Coas candidaturas oficiais de Armando Álvarez e do propio Francisco Martín sobre a mesa, e coa presenza e votación de 39 asembleístas dun total de 55 convocados, Francisco Martín Micó, renovou o seu cargo de Presidente FGB co seguinte reconto:
Francisco Martín, 37 votos.
Armando Álvarez Pena: 0 votos.
Votos en Blanco: 2 votos.
O xa de novo Presidente FGB renova a súa categoría como máximo mandatario do Baloncesto Galego, cargo que ven ostentando dende hai oito anos, con dúas eleccións máis ás súas costas.
Comisión Delegada
A Asemblea Extraordinaria FGB prodeceu tamén está tarde á elección da Comisión Delegada que acompañará a Francisco Martín durante esta nova etapa da súa presidencia. Neste caso, a votación para cada estamento deste organismo arroxou o seguinte resultado:
Adestradores: José Antonio Sama Díaz.
Árbitros: Francisco Guillamet Noya.
Clubs: Jorge Castiñeiras Arenaz, Jorge López Mosquera, Carlos Vázquez Ferro, Jesús Armando Lázare Rincón e Leopoldo Ibáñez Santiago.
Xogadores: José Antonio Vázquez e Juan C. Ares Méndez.