Francisco Martín, novo Presidente de Honra da Federación Galega de Baloncesto

Paco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto durante 16 anos, e que o pasado mes de febreiro deu a testemuña no cargo a actual mandatario Julio Bernárdez; recibiu na tarde do domingo, 17 de setembro; o recoñecemento como Presidente de Honra da Federación Galega de Baloncesto.

No marco da XXXVII edición da Copa Galicia sénior masculina, co Pazo dos Deportes como escenario, Martín recibiu a homenaxe que o acredita como tal. O actual presidente en funcións da Federación Española de Baloncesto; Jose Miguel Sierra; e o presidente FGB, Julio Bernárdez; entregaron a Paco as respectivas insignias de ouro de ambas as institucións; recoñecendo así o labor e o traballo en prol do Baloncesto do xa novo presidente de Honra FGB.

A Xunta de Galicia, da man do seu delegado territorial en Lugo, Javier Arias; o Concello de Lugo coa presenza da súa alcaldesa, Lara Méndez; e os protagonistas da final de Copa, Monbus Obradoiro e Río Breogán; participaron tamén desta homenaxe, uníndose así ao aplauso de todo o Pazo dos Deportes.

Tras os indicados 16 anos ao fronte da Federación Galega de Baloncesto, Paco deixa no Baloncesto Galego, e en todos os que o coñecemos, un legado xa imborrable. E moito cariño.

Grazas, Paco.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram