Formación para adestradores no “All Star Galicia 2017”

A Área Deportiva FGB activa unha nova actividade formativa a celebrar no marco do “All Star Galicia 2017”.

Neste evento de tecnificación, a celebrar o vindeiro un de maio na localidade de Boiro, o departamento de adestradores FGB abre a posibilidade aos técnicos galegos que se atopen en formación de asistir, observar e, posteriormente, intervir nos adestramentos dos xogadores e xogadoras convocados nesta cita coa xeración 2004 baixo este plan: 

(09:30 h) Chegada ao pavillón.

(10:00 h – 12:00 h) Observación do adestramento feminino e posterior reunión co corpo técnico FGB para comentar aspectos observados.

(12:00 h – 14:00 h)  Observación do adestramento masculino e posterior reunión co corpo técnico FGB para comentar aspectos observados.

A actividade poderá completarse asistindo aos partidos da quenda de tarde (16.30 h e 18.30 h).

Inscrición
Os adestradores que desexen involucrarase na dinámica deste “All Star Galicia 2017” dende esta perspectiva formativa poderán solicitalo, antes das 14:00 h deste vernes, 28 de abril; vía mail a adestradores@fegaba.com indicando o nivel do seu último curso de adestradores realizado.

Os requisitos e detalles concretos do que exixirá a participación nesta actividade poden consultarse no documento oficial que achegamos.

“All Star Galicia 2017”: formación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram