O Comité Galego de Árbitros abre o ciclo formativo online para a temporada 2017 – 2018. Un total de nove convocatorias para o Curso de iniciación protagonizarán este ano a súa faceta didáctica, iniciando o primeiro deles o vindeiro mes de setembro.
O Comité Galego de Árbitros activa a primeira convocatoria dos seus Cursos “On line” de iniciación 2017 – 2018. O departamento formativo do CGAB levará a cabo o seu primeiro curso da temporada o vindeiro mes de setembro a través do “Campus On Line FGB”.
Proporcionando unha dinámica axil para instruirse nos coñecementos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa, o CGAB permitirá aos alumnos coñecer ao detalle conceptos base como: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.
A marxe de celebración deste primeiro ciclo didáctico comprenderá os días 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12 e 13 de setembro, materilizando nos mesmos unha programación teórica e práctica que se pode consultar xa na propia plataforma on line FGB.
O prazo de inscrición para esta convocatoria inicial de setembro permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de agosto, data ata a cal se deben formalizar os pasos a seguir para completar o seguinte proceso:
1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).
2. Enviar de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.
3. Realizar a inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no “Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa – Setembro 2017″.
Programación completa – Cursos “On Line” CGAB 2017 – 2018
As persoas interesadas en iniciarse no mundo da arbitraxe terán na presente temporada, ademáis da primeira convocatoria mencionada, oito oportunidades máis, distribuídas, cos memos condicionantes; nas seguintes datas;
Setembro 2017: 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12 e 13.
Setembro 2017: 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26 e 27.
Outubro 2017: 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10 e 11.
Outubro 2017: 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26 e 27.
Novembro 2017: 6, 7, 8, 9, 10, 13, 14 e 15.
Novembro 2017: 20, 21, 22, 23, 24, 27, 28 e 29.
Decembro 2017: 11, 12, 13, 14, 15, 18, 19 e 20.
Xaneiro 2018: 8, 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17.
Xaneiro 2018: 22, 23, 24, 25, 26, 29, 30 e 31.