Formación complementaria “on line” para os oficiais de mesa dos Campionatos de España

O Comité Galego de árbitros espalla a formación online ao ámbito dos seus oficiais de mesa. O CGAB está a levar a cabo, durante este mes de maio, unha serie de sesións técnicas que, baixo o formato “on line”, teñen o obxectivo de unificar e perfeccionar o traballo dos implicados en dous importantes torneos que se celebrarán na nosa comunidade en vindeiras datas: os campionatos de España de Clubs Júnior e Cadete Masculino.

Os oficiais de mesa que participarán no Campionato de España Júnior Masculino (do 12 ao 18 de maio), pertencentes aos comités zonais de Arousa, Santiago e Vigo, son os primeiros en comprobar a funcionalidade de estas aulas “on line”, da que xa tomaron parte este luns, seis de maio; e coas que repetirán cita este mércores, 8 de maio (de 21.00 ha 22.15 h).

Pola súa banda, os días 20 e 21 de maio, no mesmo horario, chegará a quenda dos oficiais de Ferrol, A Coruña e Lugo, que exercerán as súas funcións no Campionato de España Cadete Masculino que se celebrará na cidade departamental entre o 26 de maio e o 1 de xuño.

En total, son 64 oficiais de mesa os convocados a tomar parte desta actividade técnica, tutelada polo Director Técnico do CGAB e que conta coa participación de Alejandro Alcalde, Comisario ACB e que dirixe, habitualmente, as charlas técnicas para oficiais de mesa; e coa colaboración de Xesús Pena, Coordinador Técnico do Comité Santiagués.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram