“Clínic Xacobeo Basket Total”

Nova achega formativa para adestradores da man do “Clinic Xacobeo Basket Total”.

A celebrar o vindeiro 11 de setembro no Auditorio de la Casa da Cultura do Concello de  Palas de Rei, a iniciativa didáctica baixo esta denominación, ofrece unha proposta de ampla calidade formativa da man de poñentes e profesionais de referencia:

Veljko Mrsic: “Xestión do vestiario nun equipo de élite” (11:15 h)

Jota Cuspinera: “Optimización do adestramento” (12:30 h)

Antonio Pernas: “Transición ofensiva contra calquera defensa” (16:00 h)

Jota Cuspinera: “Análise spacing final europeo U18” (17:15 h)

Gonzalo García de Vitoria: “Habilidades do adestrador e a súa comunicación” (18:30 h)

Validación Federativa
Dende a Federación Galega de Baloncesto colaboramos con esta edición do Clinic Xacobeo Basket Total outorgando un total de 12 horas de formación complementaria para os alumnos e alumnas dos Cursos de Adestradores que asistan. Esta validación formalizarase sempre e cando os alumnos participen no Clinic Xacobeo Basket de forma íntegra, completando o total do seu programa.

Inscrición
A asistencia a este “Clinic Xacobeo Basket Total” ten un coste de 15€ para un adestrador ou adestradora, 25€ se son dous do mesmo clube e 30€ se son tres. As solicitudes de inscrición deben enviarse vía ajsc_lugo@hotmail.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram