Formación arbitral en iniciación: catro convocatorias presenciais

O Comité Galego de Árbitros retoma a labor de formación de carácter presencial e pon en marcha, de cara ao mes de febreiro, catro convocatorias para os seus cursos de iniciación árbitral.

As delegacións de Lugo, A Coruña, Ferrol e Santiago son as protagonistas desta oferta formativa, que se formulará con carácter presencial, aberto e completamente de balde para todas aquelas persoas vinculadas aos clubs de cada zona.

Con sedes concretas e datas particulares para cada caso, o CGAB contará coa colaboración de colexiados de categoría ACB e FEB, como profesores; os cales liderarán os seguintes programas:

Curso Iniciación A Coruña

Sede: A Coruña

Datas: 5 ao 8 de febreiro.

Curso Iniciación Ferrol

Sede: Ferrol

Datas: 6 ao 8 de febreiro.

Curso Iniciación Santiago

Sede: Palmeira

Datas: 7 ao 9 de febreiro.

Curso Iniciación Lugo

Sede: Sarria

Datas: 8 ao 10 de febreiro.

Os requisitos didácticos de cada convocatoria poden consultarse nos documentos que se achegan.

Inscrición

Todos os interesados en inscribirse ou informarse polo miúdo de cada convocatoria poden poñerse en contacto co respectivo comité zonal:

arbitroslugo@fegaba.com

arbitroscoruna@fegaba.com

arbitrosferrol@fegaba.com

arbitrossantiago@fegaba.com 

Curso Iniciación CGAB Ferrol: 06 a 08/02/18
Curso Iniciación CGAB Coruña: 05 a 08/02/18
Curso Iniciación CGAB Lugo (Sarria): 08 a 10/02/18
Curso Iniciación CGAB Santiago (Palmeira): 07 a 09/02/18

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram