O Comité Galego de Árbitros activa a convocatoria inmediata dun novo curso de carácter presencial para a formación en iniciación arbitral con sede, neste caso, na cidade de Pontevedra.
Marcado para comezar o vindeiro luns, nove de abril; esta nova oportunidade formativa está orientada a todas aquelas persoas vinculadas aos clubs da zona, comprendendo neste caso á Delegación Zonal FGB en Arousa.
As instalacións da Sala de Exposicións da Casa das Campás – Sede do Vicerreitorado do Campus de Pontevedra acollerán a carga lectiva teórica deste curso, impartida por colexiados de categorías FEB e Autonómica e repartida no calendario do seguinte xeito:
09/04/18 (19:30 h -21:30 h) Presentación. Acta de Xogo.
10/04/18 (19:30 h -21:30 h) Regras de Xogo (I).
11/04/18 (19:30 h -21:30 h) Regras de Xogo (II).
12/04/18 (19:30 h -21:30 h) Introdución a Plataforma de xestión arbitral. Práctica de Acta.
16/04/18. (Pavillón Universitario) (16.00 h – 18.00 h) Parte Práctica.
Todos os interesados en inscribirse ou solicitar información poden facelo vía mail arbitrosarousa@fegaba.com ata o domingo, oito de abril. O acceso ao curso e a propia participación serán completamente gratuítas.