O Comité Galego de Árbitros, a través da Delegación zonal FGB en Lugo, promove a celebración dun curso de iniciación de carácter presencial, a celebrar na propia cidade da Muralla, os vindeiros días 27, 28, 29 e 30 de novembro, e 4 de decembro, contando como sede coas instalacións da Casa do Deporte Lucense.
A participación nesta convocatoria será aberta e completamente de balde para todas aquelas persoas vinculadas aos clubs da provincia de Lugo que desexen participar, facéndoo previo envío dun email solicitando a súa inscrición, antes do 24 de novembro; a arbitroslugo@fegaba.com.
O programa lectivo a levar a cabo neste formato presencial estará comandado por colexiados de categoría ACB e FEB, como profesores; e comprenderá un total de 5 días de aulas, sendo un deles eminentemente práctico. Os mesmos, repartiranse do seguinte xeito:
27/11/17
(19:00 h – 19:30 h) Presentación Funcionamiento do Comité; A figura do Árbitro/Oficial en formación.
(19:30 h – 20:00 h) Os Equipos; O árbitro e os Oficiais, e as súas funcións.
(20:00 h – 21:00 h) Introdución ás Regras de xogo.
28/11/17
(19:00 h – 20:00 h) Introdución á labor dos Oficiais de Mesa.
(20:00 h – 21:00 h) Acta, reloxo de posesión e de partido.
29/11/17
(19:00 h – 21:00 h) Violacións e Faltas.
30/11/17
(19:00 h – 20:00 h) Mecánica Arbitral.
(20:00 h – 21:00 h) Criterio (Visualización de xogadas).
4/12/17
(20:00 h – 22:00 h) Prácticas.