Formación: a arbitraxe galega busca novos valores

O Comité Galego de Árbitros activa a IV convocatoria de formación on line para a Iniciación nas tarefas de colexiado e oficial de mesa.

Marcando este novo curso para os días 28 e 29 de xaneiro e 1, 2, 3, 4 e 5 de febreiro, o CGAB renova a súa aposta polo método “on line” para introducir as aspirantes a árbitros e oficiais na dinámica e materias precisas para entrar en contacto coa arbitraxe: Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras.

Xestionando a conexión a través dun enderezo electrónico, os alumnos afrontarán 14 horas lectivas titorizadas e distribuídas en horario de tarde, a decidir no inicio do Curso.

Inscrición
Os interesados en participar neste IV Curso “on line” de iniciación á arbitraxe dispoñen de dúas vías de inscrición: vía mail a través do enderezo electrónico arbitros@fegaba.com ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB.

En ambos os casos, deberán presentar o xustificante do pago previo da cota actual do curso: 20 euros prezo xeral e 10 euros para todas aquelas persoas que conten con licencia FGB. (Ingreso: ES27 2100 1455 11 0200136257 – “la Caixa”).

A data límite para tramitar este proceso está marcada no vindeiro mércores, 27 de xaneiro.

Ficha Alta Árbitros e Oficias de Mesa 2015/2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram