Fondo Pesar polo falecemento de Ricardo Hevia

A Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu Presidente, Francisco Martín; ao que se suma todo o seu equipo directivo, administrativo e deportivo, desexa trasladar as súas máximas condolencias polo falecemento de Ricardo Hevia, toda unha Institución e Peza Fundamental na Historia do Noso Baloncesto. 

A pegada que Ricardo Hevia deixa no noso Deporte e en todas os recordos dos afeccionados e afeccionadas ao Baloncesto Galego é tan grande que nunca se perderá. Os momentos vividos e compartidos con el nas súas diferentes etapas, tanto en Lugo como en Ferrol, e tamén en Ourense; son xa tesouros para todas aquelas persoas que puideron ser testemuñas dos mesmos. E tamén para as xeracións máis novas que, de seguro, teñen escoitado falar do seu legado.

Dende esta Federación Galega de Baloncesto queremos trasladar o noso máis sincero pésame e todo o ánimo aos seus familiares e amigos.

Sempre no noso recordo. Descanse en Paz.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram