
Consulta aquí o seu resultado e estatísticas:
11/10/2014 – Copa Galicia EBA. Final (Pavillón de Esteiro. Ferrol)
(17:00 h) BALONCESTO NARÓN – SANTO DOMINGO BETANZOS
(19-17, 21-12, 17- 10, 10-15) (67 – 54)
Árbitro 1: Cristian Martín Árbitro 2: Diego Domínguez.
Baloncesto Narón e Santo Domingo de Betanzos conxuráronse na pista do Pavillón de Esteiro para ofrecer unha final de Copa Galicia EBA que non deixou indiferente ao público que enchía as gradas do polideportivo.
Ambos equipos, sobrados de motivación para facerse coa Copa, deixaron ás claras que a intensidade dominaría os corenta minutos de xogo. Narón saíu marcando diferencias, e buscando romper o encontro dende o inicio, pero Betanzos estivo aí, sorprendendo e opoñendo unha complicada resistencia aos homes de Suso Varela.
A tensión entre liñas predominou nun xogo de ida e volta no que a igualdade deixaba abertas as posibilidades para ambos os bandos. Foi o traballo na pintura da dupla Marcos Sanesteban e Armenio Pazos o que lle concedeu a Narón o plus necesario para impoñerse no marcador. A veteranía baixo os aros decidiu unha cita na que Betanzos tivo moito que dicir ata os intres finais.
Marcos Sanesteban, MVP
Unha vez máis a valía e experiencia de Marcos Sanesteban foi recoñecida pola grada e a organización, neste caso a través da súa designación como MVP da final. O xogador, veterano xa nestas lides, recolleu este premio de mans de Carlos Cotovad, representante de “la Caixa”, entidade patrocinadora da Federación Galega de Baloncesto.
Carlos Cotovad e Marcos Sanesteban rubricando o MVP
Os trofeos
A Copa Galicia EBA contou coa especial presenza e apoio do Concello de Narón, quen representado pola súa concelleira de Deportes, Natalia Hermida, fixo entrega da Copa Galicia a Baloncesto Narón.
Natalia Hermida, na entrega da Copa Galica ao capitán local Marcos Sanesteban
O Vicepresidente FGB, José Manuel Villamarín, foi o encargado de entregar o trofeo que recoñece a Santo Domingo Betanzos como subcampión desta edición 2014.
Baloncesto Narón – Santo Domingo Betanzos: Estatísitica ao descanso.
Baloncesto Narón – Santo Domingo Betanzos: Estatística final (67 -54)