Fin de semana decisiva na Fase Previa das Copas Galicia Sénior Feminina e EBA


XX COPA GALICIA SÉNIOR FEMININA

Grupo A: Porta XI Ensino, Universitario de Ferrol e Pabellón Ourense.
Grupo B: C.D. Bosco, C.B. Arxil e A.D. Cortegada.

Con Feel Cortegada matematicamente clasificado como primeiro do Grupo B e Pabellón Ourense (Grupo A) fóra de toda loita, as restantes prazas en xogo para a Fase Final da XX Copa Galicia Sénior Feminina dilucidaranse esta mesma fin de semana, derradeira xornada da Fase Previa.

Celta e Arxil disputaranse en duelo directo o segundo posto do Grupo B. Viguesas e Pontevedresas terán a oportunidade este sábado de rubricar a pretemporada coa súa presenza nunha edición máis da Fase Final da Copa Galicia, cita na que Arxil non está dende o ano 2009 e na que o Celta é todo un habitual, con doce copas no seu palmarés.

Pola súa banda, Universitario de Ferrol e Durán Maquinaria Ensino, ambos xa clasificados, enfrontaranse na busca do primeiro posto do Grupo A, determinante para a orde dos hipotéticos cruces da fase final.

Fase Previa – Xornada 3

06/10/2012 – 18.30 h. Pavillón Navia (Grupo B)
Real Club Celta – C.B. Arxil

08/10/2012 – 20.30 h. Pazo Universitario Lugo (Grupo A)
Durán Maquinaria Ensino – Universitario Ferrol

COPA GALICIA EBA

Grupo Sur: Marín Peixegalego, Ourense Capital Termal, Chantada Galicia Vento e Establecimientos Otero.
Grupo Norte: Recinor Ferrol C.B.Galicia, Leyma Natura Concello de Arteixo, Baloncesto Narón e Estudiantes de Lugo.

Todos con opcións. Así afrontan os equipos galegos de liga EBA a segunda e penúltima xornada da súa Copa Galicia. Conscientes do importante de colleitar unha vitoria esta fin de semana, o obxectivo de cada bloque de xogadores será obter un resultado positivo que abra o camiño para acadar a primeira praza de cada grupo, a única que dá acceso á Fase Final.

Fase Previa Xornada 2

04/10/2012 – 21.00 h. Pavillón Remedios
Ourense Capital Termal – C.B. Chantada Galicia Vento (48 – 88)

06/10/2012 – 18.00 h. Pavillón O Pombal
Establecimientos Otero – Marín Peixe Galego

07/10/2012 – 12.00 h. Pazo Universitario Lugo
Estudiantes Lugo Leyma Natura – Recinor Ferrol C.B.

07/10/2012 – 18.00 h. Pavillón Municipal Arteixo
Leyma Natura Concello de Arteixo – Baloncesto Narón

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram