Fin de semana clave para a Copa Galicia EBA

A Copa Galicia EBA celebra nesta fin de semana a súa derradeira xornada da Fase Previa, a que clarificará de xeito definitivo que dous equipos, os líderes de cada grupo ao remate desta última quenda de encontros, serán os que comparezan na final do vindeiro 20 de outubro.

O calendario completo para esta decisoria xornada final deixa os seguintes enfrontamentos, aos cales haberá que estar ben atentos:

Grupo Sur: Marín Peixegalego, Ourense Capital Termal, Chantada Galicia Vento e Establecimientos Otero.
Grupo Norte: Recinor Ferrol C.B.Galicia, Leyma Natura Concello de Arteixo, Baloncesto Narón e Estudiantes de Lugo.

Fase Previa Xornada 3

12/10/2012 – 19.30 h. Pavillón A Raña
Marín Peixe Galego – Ourense Capital Termal

13/10/2012 – 18.30 h. Pavillón Municipal de Chantada
C.B. Chantada Galicia Vento – Establecimientos Otero

13/10/2012 – 20.15 h. A Malata
Recinor Ferrol C.B. – Leyma Natura Concello de Arteixo

14/10/2012 – 18.30 h. A Gándara
Baloncesto Narón – Estudiantes Lugo Leyma Natura

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram