FGB e Decathlon, da man no proxecto “O Baloncesto Educa”

 A Federación Galega de Baloncesto e a marca deportiva asinan un convenio de colaboración para impulsar o programa de formación en valores e igualdade a través do Baloncesto, o denominado “O Baloncesto Educa”.

Na liña do acordo establecido, Decathlon será o patrocinador desta iniciativa, que se está a levar a cabo dende este mes de novembro en toda a categoría Preminibasket a nivel autonómico. Os cinco responsables federativos do Proxecto contarán co apoio de Decathlon nas súas diferentes reunións cos clubs participantes no proxecto, así como na traxectoria completa do mesmo, a cal culminará no mes de xuño cunha gran festa de clausura.

Máis Accións en prol da Igualdade

A unión establecida pola FGB e Decathlon busca tamén poder levar as actividades de fomento da igualdade e do respecto no deporte a outros ámbitos. Así, ambas as entidades traballan xa en conxunto para poder anunciar, en breves datas, a realización de máis accións con este obxectivo e de participación aberta.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram