FGB e Compostela Inserta unen camiños coa promoción do “3X3” como obxectivo

Federación Galega de Baloncesto e Compostela Inserta abren nova vía de colaboración conxunta. Francisco Martín, Presidente FGB; e Miguel Fernández, administrador da entidade compostelá, a cal traballa en prol da inserción laboral; asinaron un convenio que permitirá que a segunda sexa a responsable dos servizos de trasnporte de material, montaxe e desmontaxe necesarios para futuros eventos de competición “3×3”.

“Pista oficial FGB 3×3”

A sinatura deste convenio permitirá que a Federación Galega de Baloncesto achegue aos clubs galegos e institucións autonómicas a posibilidade de dispoñer da pista 3×3 oficial da FGB para eventos ou actividades deportivas que desexen levar a cabo. Esta cesión levarase a cabo previa solicitude oficial á FGB e abono dos gastos correspondentes por parte dos interesados.

Toda a información sobre esta opción pode consultarse vía secretaria@fegaba.com

Compostela Inserta
“Compostela Inserta” é unha das primeiras Empresas de Inserción Laboral de Galicia, entidades que dan resposta a unha necesidade esencial e executan unha obriga de servizo público como é a integración socio laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social.

A institución compostelá é ademais unha das Empresas de inserción fundadoras de AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción Laboral de Galicia) que na actualidade integra o Foro pola Economía Social de Galicia, coma organización representativa das EIL con vocación de representar os intereses da economía social galega.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram