FGB e “Clínicas Gaias” renovan colaboración

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; e o Director Médico de “Clínicas GAIAS”, Antonio García Pravos; rubrican por segundo ano consecutivo o acordo de colaboración que dende 2013 une a ambas as entidades no ambito físico e da saúde dos federados.

A Federación Galega de Baloncesto aposta de novo por “Clínicas GAIAS” como unha das súas aliadas e patrocinadoras. A profesionalidade e calidade asistencial do conxunto de policlínicos auspiciados por “GAIAS” ao longo de toda Galicia, así como a súa complicidade co mundo do deporte, seguen a ser o referente.

Os máximos representantes de FGB e GAIAS reuníronse esta mañá de martes para a correspondente sinatura da renovación da súa alianza. Na mesma, confirmaron a continuidade da principal liña de acción no ámbito deste acordo: o patrocinio, por parte de “Clínicas GAIAS”, da Primeira División Masculina, competición que seguirá a recibir a denominación concreta de “Clínicas Gaias Primeira División Masculina”.

Derivada tamén de este convenio, a presenza de “Clínicas GAIAS” estará vixente en parte das accións ou eventos deportivos que a FGB poña en marcha durante a presente temporada.

Clínicas Gaias: asistencia de calidade
Clínicas Gaias é un conxunto de policlínicos médicos situados en Santiago, A Coruña, Ferrol, Ribeira e Vigo que nacen cun primeiro centro en 1999 en Santiago formado por tres servizos, Neurocirurxía, Fisioterapia e Traumatoloxía, con especialización en Patoloxía de columna.

Na actualidade dispón de cinco centros, cunha importante cantidade de especialidades médicas e cirúrxicas (traumatoloxía, neurocirurxía, especialistas en tratamento da dor, dano cerebral, neurofisioloxía aínda que tamén outras como cardioloxía, xinecoloxía, otorrino, logopedia, alerxia, dermatoloxía e medicina xeral, así como servizos de fisioterapia e centros de diagnóstico (Resonancias Magnéticas, TAC).

O seu obxectivo é ofrecer unha asistencia de máximo nivel, cos recursos humanos máis capacitados e os recursos tecnolóxicos máis avanzados.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram