Ferrol súmase ao “B3 Universitario – Galicia 2014”

A Universidade de A Coruña, a través do seu Campus en Ferrol, súmase ás de Vigo e Santiago, e activa tamén neste ámbito a competición “B3 Universitario – Galicia 2014”, programa conxunto das Universidades Galegas e a Federación Galega de Baloncesto co telón do Mundial 2014 de fondo.

A Comunidade Universitaria de Ferrol poderá participar este xoves, 11 de abril; da fase local do seu “B3 Universitario – Galicia 2014”, cita que reunirá a equipos masculinos e femininos co 3×3 como formato perfecto no que despregar a súa afección polo Baloncesto.

Neste caso será o Pavillón de Esteiro o escenario desta fase local, para a que a Área de Deportes da Universidade de A Coruña mantén aínda aberto o prazo de inscrición de equipos. De xeito gratuíto, as solicitudes poden enviarse a deportesfer@udc.es

Fase Final
Posteriormente, no calendario, e como premio á clasificación neste primeiro envite local, agarda a Fase Final Autonómica, na que se reunirán, en Vigo, os mellores equipos dos diferentes Campus implicados. Será o próximo 18 de abril e nela non faltarán as sorpresas.

Regulamento “B3 Universitario – Galicia 2014”

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram