Federación Galega de Baloncesto, Universitario Ferrol e Concello de Ferrol presentaron esta mañá a Fase Final da XXXII edición da Copa Galicia Sénior Feminina.
Copa Galicia Feminina – Palmarés
XXXII Copa Galicia Sénior Feminina – Resultados Fase Previa
A casa consistorial Ferrolá acolleu esta posta de longo protagonizada polo concelleiro de Deportes, Jesus Basterrechea, o Presidente de Universitario Ferrol; Leopoldo Ibáñez; o xefe de servizo de Deportes da Xunta de Galicia en A Coruña, Roberto García; e o Vicepresidente FGB máis a Secretaria Xeral FGB; José Manuel Villamarín e Susana Fiuza, respectivamente.
Tras trasladar a benvida á cidade a todos os protagonistas desta Copa Galicia,o Concelleiro de deportes concedeu a palabra tanto a club organizador como á FGB, quenes trasladaron os detalles que caracterizarán esta edición da Competición, que se iniciará mañá, venres, ás 18:00 horas; no Pavillón da Malata coa primeira semifinal entre Durán Maquinaria Ensino e R.C. Celta Zorka, continuando, ás 20:15 horas, coa segunda entre o anfitrión, BAXI Ferrol, e o A.D. Cortegada. Os gañadores destes dous duelos disputaranse o título ás 12.00 h do domingo no mesmo escenario, converténdose tamén esta final no denominado “Trofeo Cidade de Ferrol”.
As entradas para cada unha das xornadas de xogo están valoradas en dous euros para os maiores de 16 anos, mentres que os menores desa idade poderán acceder de balde. A venda das mesmas realizarase este xoves de forma anticipada entre as 19:00 h e as 21:00 h no pavillón de Esteiro, mentres que mañá, venres, xa estarán dispoñibles na taquilla do pavillón da Malata a partir das cinco da tarde.
Ambos os encontros de semifinais poderán seguirse tamén en directo na canle da Federación Galega de Baloncesto na Plataforma YouTube. A final do domingo, pola súa parte, poderá seguirse vía TVG2 e na web da CRTVG.