Ferrol, Marín e Vilagarcía, protagonistas para os Campionatos de España de clubs

A Federación Española de Baloncesto deu a coñecer as sedes dos próximos Campionatos de España de clubs, cita anual ineludible para ollar ás estrelas do futuro e na que Galicia estará moi presente.

Ferrol, Marín e Vilagarcía serán protagonistas nas categorías Cadete masculino e Júnior masculino, respectivamente. A cidade departamental acollerá o campionato cadete entre os días 26 de maio e un de xuño, dando cabida a un baloncesto de auténtico nivel.

O propio ocorrerá entre o 12 e o 18 de maio nas localidades de Marín e Vilagarcía que, de xeito conxunto, organizarán o campionato júnior masculino, repetindo a positiva experiencia que xa viviron a pasada tempada en categoría cadete.

As tres cidades galegas completan un cadro xeográfico no que as sedes dos restantes campionatos esténdense da seguinte forma:

Cadete Feminino: Guadalajara (do 26 de maio ao 1 de xuño de 2013)
Infantil Masculino: Guadalajara (do 16 de xuño ao 22 de xuño de 2013)
Infantil Feminino: Lanzarote (do 16 de xuño ao 22 de xuño de 2013)
Júnior Feminino: Federación Aragonesa (do 12 de maio ao 18 de maio de 2013)

Galegos participantes
Á noticia da designación das sedes das Fases Finais destes campionatos, súmaselle a notificación do número de equipos galegos que poderán participar en cada categoría.

Un total de tres representantes da nosa Comunidade estarán presentes nas categorías júnior e cadete masculino, sendo dous o número de equipos que tomarán parte en cada unha das outras categorías (júnior feminino, cadete feminino e infantil masculino e feminino).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram