Ferrol, lista para acoller a final da XXXI Copa Galicia Feminina

Ferrol deulle este mércores, 20 de setembro; a benvida a unha nova Fase Final da Copa Galicia Sénior Feminina.  Esta competición, que neste 2017, celebra a súa XXXI edición, regresa á cidade de Ferrol, veña coñecida da mesma, para desputar a súa final nunha cita que terá lugar o domingo 24; ás 12.00 h, e protagonizada polo anfitrión, Star Center Universitario Ferrol e por R.C. Celta Zorka.

Este partido, ao que as locais chegan clasificadas directamente pola súa condición de equipo de Liga Feminina; e as viguesas como primeiras clasificadas da fase previa, foi presentado oficialmente este mércores no propio Concello de Ferrol.

Apoiando a celebración desta Copa Galicia na cidade departamental, tradicionalmente vinculada á  Copa Galicia ao longo da súa historia, asistiron o seu alcalde, Jorge Suárez; a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; o concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea; e o presidente do Uni Star Center Ferrol, Leopoldo Ibañez.

Os cinco coincidiron en sinalar e reinvindicar o valor desta Copa Galicia e do Baloncesto Feminino como perfecta plataforma e punto de encontro para clubs, xogadoras e afeccionados de toda a Comunidade.

Entradas

Os afeccionados que o desexen poderán desfrutar da final Star Center Universitario Ferrol – R.C. Celta Zorka adquirindo a súa entrada no propio Pavillón de Esteiro a un prezo de cinco euros para público en xeral. Os abonados desta temporada do Universitario Ferrol poderán acceder gratis. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram