Ferrol e Lugo suman esforzos nun novo Curso de Iniciación para Adestradores

Escola Galega de Adestradores pon en marcha a segunda convocatoria dos Cursos de Iniciación na presente temporada 2023 – 2024.

A novidade nesta nova oferta formativa é a formulación conxunta da mesma por parte das Delegacións FGB de Lugo e Ferrol. Así, o alumnado deberá asistir as aulas presenciais do curso na primeira data nunha localidade e na segunda na outra, establecéndose o horario do seguinte xeito:

Curso Iniciación: Delegación Ferrol – Lugo

Formación Online – Inicio o 19/09/23 a través da Plataforma Formación FGB

Formación Presencial:  23 e 24 de setembro.

23/09/23 – de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h. Lugo.

24/09/23 – de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h. Ferrol.

Inscricion

A inscrición debe realizarse a través de formulario oficial dispoñible AQUÍ. O Prazo para tramitar a mesma remata o vindeiro 14 de setembro (ás 12:00 h).

Guía Didáctica Nivel Iniciación 

Normativa Cursos Iniciación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram