Ferrol C.B: I Clínic Ferrol, Cidade de Baloncesto

– A entidade ferrolá arrinca con forza a primeira edición deste novo Clínic formativo, orientado a adestradores.

– Establecido para os días 28 e 29 de decembro, a iniciativa terá lugar no Pavillón de Esteiro e o proceso de inscrición permanece aberto.

– A participación completa no mesmo poderá validarse por seis horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto. Os adestradores que tomen parte só nunha xornada, recibirán tres horas.

Ferrol C.B. pon en marcha o seu I Clínic Ferrol, Cidade de Baloncesto. Os vindeiros 28 e 29 de decembro reuniranse na cidade departamental técnicos de ampla e recoñecida traxectoria para dar vida á primeira edición desta iniciativa formativa, que nace con boas expectativas.

Homes como Ricard Casas, Chiqui Barros, Javier Lorenzo e Félix Bañobre configuran o programa desta actividade. Súa será a tarefa de trasladar o seu coñecemento e impresións sobre conceptos como o emprego do bote, a construción do ataque ou o xogo sen balón, entre outros.

Colaboración CGAB
Este cadro de destacados relatores complétase coa presenza do Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez, que achegará a visión dende o apartado arbitral.

O colexiado internacional articulará a súa intervención en torno ao Regulamento e á “Limpieza do xogo”. A súa charla terá lugar o venres 28, a partir das 17.30h.

As datas e horario exacto das restantes ponencias, así como a temática concreta de cada unha delas pode consultarse na web oficial do Ferrol C.B.. Ubicación na que tamén recoller información sobre o proceso de inscrición (datas, prezos e documentación a entregar).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram