Fernando Romay e Jorge Garbajosa, con “GALICIA 2014”

“GALICIA 2014. Imos pola Copa” tivo a honra de contar na súa estrea cunha presenza de luxo, a de dous auténticos referentes de antes, hoxe e sempre no noso Deporte: Fernando Romay e Jorge Garbajosa.

Ambos souberon trasladar aos asistenteste o verdadeiro senso do que será o Mundial para España, unha cita que “GALICIA 2014” complementará co seu apoio.

Fernando Romay: “paixón polo Baloncesto”
O galego visitou esta vez a súa terra para felicitar á Federación Galega de Baloncesto pola súa iniciativa con “GALICIA 2014”, a cal calificou de ”alucinante”.

“Está moi ben que as sedes teñan o seu lóxico protagonismo, pero tamén e moi importante sumar máis paixón polo baloncesto”. Neste caso, a da “xente que pon paixón por levar aos clubs galegos ao máis alto nivel posible. E sempre e bo momento para trasladala” como se fará en Galicia con ese “Imos pola Copa”.

Jorge Garbajosa: “coa cabeza moi alta”
Jorge Garbajosa, un home moi querido por toda a afección, tal e como lle puideron trasladar os asistentes á presentación de “GALICIA 2014”; enfatizou o seu desexo de que dende aquí “desfrutemos dun mundial para todos”.

O Campión do Mundo en Xapón, coa precisa cautela, vaticinou que coa Selección Española “chegaremos onde a competición dicte, pero estou seguro que ao final do Campionato acabaremos coa cabeza moi alta.”

Presentación “GALICIA 2014. Imos pola Copa”: Galería de Imaxes

GALICIA 2014: Imos pola Copa”: catálogo de actividades

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram