Fegaba TV crece e pon a mira nos clubs de toda Galicia

A Federación Galega de Baloncesto, da man de Pasion Media Comunicación, a súa asociada en materia audiovisual; impulsa Fegaba TV, a súa canle de retransmisións vía streaming, que ven de dar os seu primeiros pasos.

FGB e Pasión Media Comunicación asinaron este martes un acordo de colaboración que supon o definitivo punto de inflexión para a traxectoria da entidade federativa no campo audiovisual.

En virtude deste convenio, ademais de ofrecer os eventos oficiais propios, Fegaba TV busca dar cobertura a todos os clubs galegos que desexen incorporarase a esta plataforma e dar un salto na emisión dos seus encontros , torneos ou eventos deportivos.

DSC09316

O Presidente FGB, Francisco Martín; e o representante de PMC, David Alonso; rubricaron o acordo

A Federación Galega de Baloncesto abre así o seu proxecto audiovisual máis recente a todos os clubs de Baloncesto da Comunidade que estean interesados no campo das retransmisións e actividades de promocións audiovisual.

Vía mail (secretaria@fegaba.com) os clubs que o desexen poden facer chegar xa as súas consultas e ideas arredor desta proposta e, a maiores, coñecer de xeito particular os detalles técnicos e económicos da mesma

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram