Feel Cortegada, campión da XX Copa Galicia Sénior Feminina

13/10/12 – Final. Pavillón de Esteiro (Ferrol)

(19. 00 h) Durán Maquinaria Ensino – Feel Cortegada

(12 – 26 , 28 – 22, 18 – 17, 20 – 15) (78 -80)

(Árbitros: José A. Godoy /Adrián Gallego)

Bonita, intensa e ata o límite. Así foi a final que protagonizaron na tarde deste sábado Feel Cortegada e Durán Maquinaria Ensino na busca da Copa Galicia na súa XX edición.

Ambos os conxuntos ofreceron en Ferrol, ante un Pavillón de Esteiro cheo para a ocasión, un partido moi igualado, repleto de posibilidades para os dous bandos e no que, a pesares dunha inicial vantaxe das de Vilagarcía, a incertidume sobre quen se faría co título estendeuse ata os intres finais.

Co público entregado, non foi ata os derradeiros segundos cando se decidiu o nome do Campión. A estas alturas, un axustado marcador (77 – 77) rachouse cunha tripla decisiva para Cortegada executada por Salomé García. Tres puntos vitais para romper o electrónico (que firmaría un 78 – 80 final) e outorgarlle ao equipo de José Jesús Vázquez a súa terceira Copa Galicia, uníndoa ás das edicións de 2004 e 2010.

MVP
A final tivo tamén a súa protagonista individual: a alero de Feel Cortegada, Ylenia Manzanares, proclamada MVP. Un premio que se materializou cun agasallo por cortesía de “la Caixa”. A veterana xogadora recibiu este detalle a través da representante da entidade financeira neste encontro, Susana Sanjurjo; quen aproveitou para trasladarlle a noraboa polo seu traballo en pista e polo trunfo global do seu equipo.

0690340001350210805-ylenia-manzanares-mvp-con-agasallo-especial-de-la-caixa

Trofeos e Recoñecementos
Ademais da propia Ylenia, as capitanas de Ensino e Cortegada recolleron de mans das autoridades e personalidades presentes os merecidos trofeos respectivos para cada equipo. O Vicepresidente Segundo da FGB, Jose Manuel Villamarín; entregou a copa de subcampión para Ensino. Facendo o propio co campión, a Concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós; xunto ao Vicepresidente Primeiro da FGB, Alberte Zato.

0609882001350210747-as-subcampioas-co-trofeo-reconecemento-ao-seu-traballo

A quenda de entrega de trofeos gardou tempo tamén para un particular recoñecemento, o do Universitario de Ferrol, organizador desta fase; a Miguel Blanco Requeijo, actual Vicepresidente terceiro da Federación Galega de Baloncesto e anterior Secretario Xeral da mesma, traballando ao súa fronte e en prol do Baloncesto Galego durante dúas décadas.

Estatística: Durán Maquinaria Ensino – Feel Cortegada (78 – 80)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram