Benvidos e benvidas ao portal web da Federación Galega de Baloncesto.
Tras once temporadas de camiño percorrido ao fronte desta Federación, continuamos ao temón da mesma reforzando, día a día; a nosa aposta e compromiso pola comunicación bidireccional con todos os clubs galegos.
A Federación desexa que todos os afeccionados ao baloncesto galego comproben o seu espíritu de renovación constante, por dentro e por fóra, adentrándose, a cada paso, en novas áreas de interese deportivo e social.
Nesta liña, queremos seguir apostando pola rede para poder aportar un marco de actuación para cos clubs de absoluta complicidade e coherencia. Manteremos polo tanto a nosa actitude constante de traballo en prol da máis clara e concisa información e coa inquedanza de continuar sendo útiles para a gran cantidade de persoas que cada día consultan esta plataforma web.
Así mesmo, no aspecto humano, persistiremos na nosa intención de mellorar cada día o servizo directo a todos os estamentos: afeccionados, xogadores e xogadoras galegos, dende os máis novos aos de categoría sénior; e aos clubs, reforzando neste caso a figura, xa afianzada, dos Responsables Zonais de Relacións cos clubs.
Manifestando unha vez máis as nosas ganas de crecer e mellorar, trasladarvos tamén o noso agradecemento por SEGUIR XOGANDO CON NÓS.
Francisco Martín Micó
Presidente Federación Galega de Baloncesto