Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia entrelazan os seus camiños

Ambas as institucións asinaron esta maña en Compostela un acordo de colaboración que abre as portas do baloncesto federado á filosofía do necesario traballo social que engloba Special Olympics Galicia.

A Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia unen esforzos en prol do baloncesto como axente integrador. Da man dos seus presidentes, Francisco Martín por parte da FGB e Eladio Fernández representando a Special Olympics Galicia, materializouse esta mañá de martes un acordo no que a canastra pasa a ser protagonista oficial en programas de acción social.

Iníciase así unha colaboración entre ambas institucións co obxectivo de promover a práctica de baloncesto e do baloncesto unificado, entre as persoas con discapacidade intelectual. A FGB colaborará tamén nas Ligas promovidas por Special Olympics Galicia, nas que participan 150 persoas con discapacidade intelectual de 15 equipos.

O Comité Galego de Árbitros será o departamento federativo encargado de controlar esta actividade designando e formando para a mesma, a través de cursos on line, aos colexiados pertinentes.

Confianza e compromiso
Esta Liga de Baloncesto supón o punto de partida para o acordo FGB – “Special Olympics”, un proxecto que, durante a súa sinatura, ambos os Presidentes calificaron de ilusionante.

Francisco Martín deu as gracias a Special Olympics a “confianza” depositada na FGB que el lidera, a cal “asume este reto con toda a exixencia e respecto que require”.

Pola súa banda, o presidente de Special Olympics Galicia, agradeceu a disposición amosada pola Federación Galega de Baloncesto á hora de colaborar e emprender este proxecto común, que esperamos sexa un paso máis á hora de axudar á integración das persoas con discapacidade intelectual e a normalizar o deportes destinados a este colectivo.

Special Olympics Galicia é a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, que ten como finalidade a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer o tempo libre, a cultura e o deporte.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram