Federación Galega de Baloncesto e EricSports renovan a súa colaboración

A Federación Galega de Baloncesto e a empresa tecnolóxica EricSports suman unha tempada máis ao seu acordo de traballo en prol da formación e a transparencia arbitral.

Co fin de consolidar na dinámica do Comité Galego de Árbitros (CGAB) a implementación de sistemas que permitan mellorar a calidade na arbitraxe, FGB e EricSports renovan o seu convenio de colaboración. No mesmo, ambas as partes continúan apostando pola optimización dos recursos na formación e o seguimento dos colexiados e colexiadas galegos.

Por segundo ano consecutivo, EricSports proporcionará á FGB o seu sistema 1REF, proxecto de avaliación, análise e formación arbitral, de especial relevancia para a toma de decisións transparentes e para os sistemas de aprendizaxe e evolución dos árbitros do CGAB.

O sistema 1Ref continuará permitindo ao CGAB realizar informes nas principais categorías sénior FGB e sumalos aos 172 xa materializados na tempada 2021 -2022 a través desta ferramenta. A análise das cifras relativas a faltas en defensa e ataque ou a violacións serán de novo puntos clave neste traballo.

EricSports
EricSports, provedor oficial de tecnoloxía do sistema de arbitraxe da FIBA, é unha empresa punteira con sede en Barcelona e con 16 anos de experiencia ofrecendo sistemas, solucións e axudas para a dixitalización no deporte.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram