Federación Galega de Baloncesto e Concello de Tui renovan colaboración

(Foto: Concello de Tui)

(Foto: Concello de Tui)

A vila de Tui seguirá sendo sede das concentracións das diferentes seleccións galegas co apoio do Club Baloncesto Tui.

(Info: Concello de Tui) Concello de Tui, Club Baloncesto Tui e Federación Galega de Baloncesto renovaron este martes, 1 de marzo; na propia casa consistorial, o seu convenio de colaboración polo que esta vila seguirá sendo sede oficial das concentracións das diferentes seleccións galegas na súa preparación para os distintos campionatos nacionais.

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso; e o presidente do Club Baloncesto Tui, Juan Ramón Cal, asinaron o presente acordo ata a tempada 2018 – 2019. Xunto a eles, para dar todo o seu respaldo a esta rúbrica, compareceu o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Tui co baloncesto

Na liña da colaboración establecida entre a vila tudense, o propio CB Tui e a FGB, este Concello apoiará tamén ao Concello do Porriño na organización do Campionato de España de Clubs Infantil Feminino, cita que se celebrará entre os días 12 e 18 de xuño. No mesmo participarán 32 equipos e Tui será sede durante a primeira fase.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram