A Delegación de Vigo segue ao temón do Programa de Tecnificación da FGB. Dobregando esforzos, e de xeito consecutivo tras a visita do pasado domingo a Tomiño, atraca este 12 de febreiro en Ponteareas. A vila pontevedresa concentra de novo o traballo itinerante de promoción do Baloncesto, abrindo neste caso a súa oferta a novas categorías.
A convocatoria en cuestión terá lugar na xornada dominical, no Pavillón Álvaro Pino, e orientada a un abano maior de idades que en anteriores ocasións. Así, están chamados e convidados a participar xogadores e xogadoras benxamíns, alevíns, infantís e mesmo cadetes.
Os adestramentos deste novo Ceti realizaranse en horario de mañá, de entre as 10.30 h ata as 13.00 h. E de novo, ben acompasados por adestradores colaboradores de diferentes clubs da provincia.
Máis convocatorias en firme para febreiro
E tamén xa confirmadas, e con todos os seus detalles perfilados, están establecidas catro novas convocatorias máis de similares características para este mesmo mes de febreiro. As Delegacións de Arousa, Ourense e Lugo serán as protagonistas neste caso.
Esta programación, da que xa concretaremos os datos individuais en cada caso chegadas as datas, comprende as seguintes citas:
18/02/12 – Arousa
Localidade: Cambados.
Sede: Pavillón Pombal
Categoría: infantil e cadete.
21/02/12 – Ourense
Localidade: Barco de Valdeorras.
Sede: Polideportivo de Calabagueiros
Categoría:alevín e benxamín
26/02/12 – Lugo
Localidade: Lugo
Sede: Pavillón de Frigsa
Categoría:alevín, benxamín e prebenxamín
Localidade: Mondoñedo
Sede: Pavillón da Veiga
Categoría:alevín, benxamín e prebenxamín