Febreiro chega cargado de traballo para as Preseleccións Minibasket

As Preseleccións Galegas de Minibasket reciben febreiro adestrando, traballo que acometerán durante todo este mes en máis dunha ocasión, tendo planificadas un total de tres concentracións.

A primeira convocatoria á que farán fronte nesta etapa está programada para este domingo, 2 de febreiro; visitando de novo, e tal e como fixeron xa esta pasada fin de semana, a localidade de A Estrada.

O Pavillón Manuel Coto Ferreiro, escenario común das evolucións dos nosos e as nosas minis, volverá a acoller os seus adestramentos, nesta ocasión a partir das 10.00 h para as 16 xogadoras convocadas por Nacho Silva, e dende as 12.00 h para os 14 xogadores citados por Fernando Buendía.

O listado completo de ambas as preseleccións configuradas para a indicada concentración deste domingo, 2 de xaneiro; poden consultarse nos documentos que se achegan.

Preselección Galega Minibasket Feminina: 02/02/14
Preselección Galega Minibasket Masculina: 02/02/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram