#FEBCadeteF2024: Os cuartos de final agardan en Compostela

CADETE FEMININO: Oito equipos con soños pendentes

(FEB) Avanzou o torneo de Santiago de Compostela coa xornada de oitavos de final, que tivo partidos igualados e demostracións de forza dalgúns dos favoritos. Entre os segundos, un SPAR Gran Canaria Maspalomas que non tivo problemas para derrotar ao Cádiz CB Gades (93-36), e o Barça CBS que puxo punto final ao soño dun CB Villamuriel comandado por Amelia Alonso.

Entre os partidos igualados destacaron o Sertrans Sant Adrià vs Kells College (63-57) coas cántabras deixando un gran sabor de boca; o Real Canoe vs Alcudia BC (58-52) con 15 puntos de Noa Cañizares; e o Casademont Zaragoza vs CB San Blas Alacante (67-62) con Claudia Crespo como xogadora máis destacada (17 puntos). E, quizais, o máis interesante foi o Unicaja Andalucía vs Valencia Basket, que se decidiu a favor das andaluzas (70-61) con 18 puntos de Chelsea Dike.

Todos os encontros de cuartos desputaranse no Pavillón de Santa Isabel. 

O Joventut de Badalona tamén presentou a súa candidatura a todo coa vitoria ante o Celta Zorka Recalvi (31-71) mentres que o Movistar Estudiantes segue con paso firme (80-54) sen mostrar demasiado as súas cartas (11 puntos de Adriana Díaz en 9 minutos). Iso si, enfrontaranse en cuartos ao todopoderoso SPAR Gran Canaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram