Conclúe o primeiro Campionato de España de Selecións Autonómicas 3×3 u15 e u13. Galicia di adeus a este nacional de estrea para o noso 3×3 FGB e faino entre boas sensacións dentro e fóra da pista.
Este domingo de xornada decisiva deixounos a oportunidade de desfrutar das Seleccións Galegas con dous partidos para cada unha delas. Na busca de postos dispares na clasificación, os resultados outorgaron seguinte palmarés:
Galicia U13 Masculina
25/06/23
Posto do 9 a 12
(10:30 h ) Galicia – Castilla León (18- 16)
(13:00 h) Galicia – Murcia (21 – 08)
Posto final: 9 clasificados.
Galicia U13 Feminina
Posto do 13 a 16
(10:30 h ) Galicia – La Rioja (13 – 4)
(11:30 h) Galicia – Cataluña 2 (8 – 15)
Posto final: 14 clasificadas.
Galicia U15 Masculina
25/06/23
Posto do 13 a 16.
(10:30 h) Canarias – Galicia (19 -17)
(11:30 h) La Rioja – Galicia (14 -18)
Posto final: 15 clasificados.
Galicia U15 Feminina
Posto do 9 a 12
(10:30 h ) País Vasco – Galicia (10 – 12)
(13:00 h) Galicia – Aragón (8 – 11)
Posto final: 10 clasificadas.
Balance positivo
Botando o peche ao debut galego, é obrigado agradecer ás catro seleccións pola súa impecable representación do Baloncesto Galego, pola súa competitividade e polo seu Fair Play. É preciso tamén, recoñecer o traballo de Fernando, Rubén, Leticia e Pablo, responsables das Seleccións; e facer o propio co apoio das familias e a colaboración dos clubs.
Neste cómputo final do Campionato, trasladar os nosos parabéns aos nosos colexiados CAGB neste Campionato, Elena Bosch e Álvaro Leis.
E felicitar tamén ás Federacións Catalana e Española por unha organización de alto nivel.
Galicia lévase de Blanes unha experiencia vivida en equipo e que, tras esta magnífica estrea, agardamos repetir por moitos anos máis co 3×3 como protagonista!




